Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2013, este venres 23 de agosto, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DO NENO:
-10:00 HORAS: TALLER DE MANUALIDADES E RECICLAXE. Vaise desenvolver na Aula de Formación do Concello a partires das 10:00 horas. Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concello da Mariña Luguesa en colaboración co noso Concello, o taller está dirixido a nenos/as de idades entre 4 e 123 anos. Vai ser impartido pola monitora da Mancomunidade Mª Luz Pérez.
-16:00 HORAS: ACTUACIÓN DO MAGO CHRYSTYAN MAGIC CO SEU ESPECTÁCULO “NA SENDA DA SERPE ALADA”. Este espectáculo de maxia, dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público, vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico. Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
-17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, que esperemos que non suceda, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a actividade está totalmente garantizada.