Xa está nos establecementos de Alfoz e Ferreira o número 84 da publicación cultural O PRADO DAS CHANTAS, editada pola asociación ecocultural Liga Céltiga Galaica, desta volta dedicada enteiramente ao “XIII Encontro nos Penidos”, roteiro arqueolóxico anual polos xacementos da zona de San Tomé (O Valadouro). O devandito roteiro terá lugar sábado 31 de agosto, os participantes terán que estar ás 10:00 diante do Centro Social de Ferreira pra subir dende alí todos xuntos. O percorrido aparece especificado na revista. O xantar terá lugar na área do curro da rapa das bestas, a continuación comezará un recital-lectura pública de textos e poemas, aberto a todo participante que desexe dar a coñecer as súas composicións. Ás 22:00 haberá unha cea de confraternidade no Bar San Pedro (Mor, Alfoz), local colaborador na actividade.
Número 84 de ‘O Prado das Chantas’ sobre o roteiro de San Tomé
Número 84 de ‘O Prado das Chantas’ sobre o roteiro de San Tomé
Relacionado
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos