Foz, 20 de agosto de 2013. Dende este luns, ata o sábado 24, desenvólvese en Foz un ciclo de teatro afeccionado ao aire libre organizado pola Delegación de Cultura do Concello focense. Todas as representacións empezan ás dez da noite no patio do colexio Número 1.
O ciclo foi inaugurado o luns 19 de agosto polo grupo de teatro O Batán, de Cangas, que representou a obra cómica Retiractivos diante de máis de 400 persoas.
O martes o grupo A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra titulada Sen seu amor. O mércores 21, O Bordelo, de Cervo, ofrecerá Abordelar; o xoves 22 o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará dúas obras: Véndese mula e A Pousada, cunha duración total de 70 minutos; o venres 23 Teatro Raiolas, de Alfoz, porá en escena O Chufón; e rematará o sábado 24 coa Compañía de Teatro Esperanto, de Madrid, que ofrecerá a obra Marga la amarga.
Para a organización deste ciclo de teatro o Concello de Foz conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.