A Concellería de Deportes do Concello de Xove, contando coa colaboración da CASA NOX e +PADEL, organiza o I Torneo de Padel San Bartolo 2013. O evento celebrarase na pista de pádel municipal de Xove dende o 26 de agosto ao 1 de setembro.
Este martes o Salón de Plenos do Concello de Xove acolleu, ás 13.00 horas, a súa presentación coa presenza do rexedor local, Demetrio Salgueiro, a concelleira de deportes, Cristina Iglesias e o coordinador do torneo, Jacobo Gradaílle.
Os interesados en participar no torneo, que distinguirá categoría masculina, feminina e mixta, poden inscribirse ata o 23 de agosto ás 20.00 horas na recepción da piscina municipal de Xove ou a través do teléfono 658 41 98 71.
Haberá premios para os finalistas de todas as categorías e agasallos para todos os participantes.