XOVE .- A Concellería de Cultura xunto coa Escola Municipal de Ximnasia Rítmica do Concello de Xove organizaron o pasado domingo, 31 de maio, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, o XVI TORNEO “CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA”, no que participaron 7 clubs da Provincia de Lugo: Escolas Municipais de Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey, Guitiriz e Castro de Rey.
A competición tivo lugar pola tarde a partires das 17:00 horas, cun Pavillón totalmente abarrotado de público que soportou estoicamente unhas altas temperaturas durante toda a xornada.
Rematou o Torneo coa tradicional entrega de medallas e trofeos, acto no que participaron o Alcalde Demetrio Salgueiro, o 1º Tenente de Alcalde José Manuel González e o Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín.
As clasificacións deste Torneo foron as seguintes:
-Categoría Pre- Benxamín
Modalidade conxuntos
1º Escola Municipal de Xove
1º Escola Municipal de Rábade.
-Categoría Benxamín
Modalidade conxuntos
1º Escola Municipal de Vilalba
2º Escola Municipal de Castro
Modalidade individual
1º Dennis Amejide da E. Municipal de Vilalba
2º Sonia Ferreiro da E.Municipal de Vilalba
3º Estefanía Pereiro da E. Municipal de Lugo
-Categoría Alevín
Modalidade conxuntos
1º Escola Municipal de Guitiriz
2º Escola Municipal de Xove
3º Escola Municipal de Castro de REy
Modalidade individual
1º Ana Vilela da E. Municipal de Guitiriz
2º Marta Fernández da E. Municipal de Lugo
3º Pilar Vázquez da Escola Municipal de Xove.
-Categoría Infantil
Modalidade conxuntos
1º Escola Municipal de Rábade
2º Escola Municipal de Lugo
3º Escola Municipal de Outeiro de Rey
Modalidade individual
1º Noela Bouza da E. Municipal de Xove
2º Lúcía Candela da Pena da E. Municipal de Outeiro de Rey.
3º Andrea Sanjurjo da E. Municipal de Guitiriz.
-Categoría Iunior
Modalidade conxuntos
1º E. Municipal de Vilalba
2º Escola Municipal de Xove
3º Escola Municipal de Guitiriz
Modalidade individual
1º Tania Ganoso da E. Municipal de Vilalba
2º Raquel Gómez da E. Municipal de Vilalba.
3º Lucía López da E.Municipal de Guitiriz
-Categoría Xuvenil
Modalidade conxuntos
1º Escola Municipal de Castro de Rey.
2º E. Municipal de Xove
3º Escola Municipal de Vilalba
Modalidade individual
1º Silvia Seijas da Escola Municipal de Outeiro de Rey
2º Arlet Villar da E. Municipal de Castro de Rey.
3º Yolanda Martínez da Escola Municipal de Vilalba