Cheo nos xardíns do Eido Dourado para escoitar ao cantautor guardés Tino Baz, que actuou alí a noite do pasado domingo. No seu concerto misturou pezas populares coa palabra de poetas coma Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Marica Campo ou Bernardino Graña. Baz empregou instrumentos de acompañamento coma a zanfona, a gaita e a guitarra. O do domingo foi o primeiro concerto que deu na Mariña Tino Baz. Celso Dourado amósase satisfeito coa acollida que está a ter entre o público a programación cultural que está a ofrecer durante este verán de 2013 no Eido Dourado.
Música e poesía no Eido Dourado
Música e poesía no Eido Dourado
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro