O 14 de Xuño celebrarase o “XVIII Festival da terceira idade” para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus conxugues. Os actos empezarán ás 12:30 horas coa celebración dun oficio relixioso na Igrexa Parroquial de “Santa María” de Ferreira, seguido do xantar no Pavillón Municipal de Deportes de Ferreira.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais dende o día 01 de Maio ao 10 de Xuño de 2009 de 10:00 a 14:00 horas. Para máis información, Concello de O Valadouro de luns a venres de 10:00 a 14:00.