NOTA DE PRENSA
O PSdeG-PSOE de Cervo esixe un pediatra para Burela para evitar as esperas no centro de San Ciprian
José Manuel Balseiro incumpre a promesa que fixo en campaña que aseguraba a cobertura das baixas médicas nun prazo de tres días
O Diputado popular José Manuel Balseiro Orol entre as innumerables promesas que fixo durante a campaña electoral das autonómicas, comprometeuse por activa e por pasiva, que o PP ía garantir a cobertura das baixas dos médicos en centros de saúde e urxencias nun prazo non superior a tres días.
Sen embargo, dende fai un mes, os nenos de Burela teñen que desprazarse ata o Centro de Saúde de San Ciprián para poder ser atendidos, xa que o pediatra de Burela está de baixa. En total, mais de 1200 nenos que se suman á poboación infantil de Cervo, co deterioro da calidade na atención que isto supón para os veciños e o esforzo suplementario que o persoal sanitario ten que desenvolver.
As promesas do PP no aire
Día a día, os Socialistas de Cervo temos mais claro que as promesas que fixo o PP para A Mariña, esfúmanse e temémonos moito que o mesmo que no caso dos prazos para as coberturas das baixas, incumprirá no resto de cousas con calquera desculpa fabricada dende Santiago ao estilo “non hai cartos”.
Balseiro e Barcia, mentres, de campaña
Mentres as familias e o persoal sanitario dos concellos afectados pasan apuros e largas esperas, os deputados Balseiro e Barcia, veciños dos respectivos concellos, e arduos defensores segundo eles, dos intereses dos mariñáns nos últimos catro anos, fan mutis polo foro, e o único que lles preocupa é traballar para conseguir votos para o seu partido.
Esiximos un pediatra xa!
Despois de case un mes, xa non hai escusas que vallan, e por iso solicitamos que de forma inmediata, a consellería de sanidade habilite no centro de saúde de Burela un médico pediatra para atender aos nenos coma merecen, e para que os de San Ciprián non vexan reducida a súa calidade na atención.