A MARIÑA .- Responsables do SLG indicaron en rolda de prensa que “o señor Lence non terá argumentos para suspender a recollida, pero o sector lácteo non vai ceder ás chantaxes”. Entenden os representantes dos produtores que “Jesús Lence xa entendeu a mensaxe que lle enviamos as gandeiras e gandeiros esta fin de semana: discutir o prezo do noso traballo non é un problema individual, senón colectivo”. Así mesmo, o SGL cualificou de “auténtica irresponsabilidade do novo goberno que estean agochados diante desta situación” e anunciaron que “vanse atopar coa voz do sector este próximo mércores 27, ás 12,00h, diante da Consellaría do Medio Rural”
NOTAS DE PRENSA E COMUNICADOS do SLG e Leite Rio
Nota de Prensa SLG
——————————————————-
Mañá o señor Lence non terá argumentos para suspender a recollida, pero o sector lácteo non vai ceder ás chantaxes
Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-, Lupe Prado -gandeira e Responsábel do Sector Leiteiro no SLG-, e Adolfo Cabarcos -Responsábel de Sectores Gandeiros no SLG-, declararon en rolda de prensa na tarde de hoxe, ao respeito do comunicado emitido onte por Lácteos Lence no que ameaza con suspender recollidas a tódalas explotacións que lle subministran no País, que o Sindicato Labrego Galego considera que o empresario Jesús Lence xa entendeu a mensaxe que lle enviamos as gandeiras e gandeiros esta fin de semana: DISCUTIR O PREZO DO NOSO TRABALLO NON É UN PROBLEMA INDIVIDUAL, SENÓN COLECTIVO.
O Sindicato Labrego Galego está disposto a negociar, coma sempre, que se garanta a recollida de TODO o leite, e que dita recollida se faga baixo un prezo que nos permita vivir. Por iso mañá suspenderemos provisionalmente as accións que nestes días viñamos apoiando.
Ao que non estamos dispostas nin dispostos é a ceder ás chantaxes de ningún empresario que prentenda facernos responsábeis da non recollida do leite, cando o que está a facer Jesús Lence é impoñer uns pretextos que abocan á ruina de todo o sector, non só de dúas explotacións.
Consideramos unha auténtica irresponsabilidade do novo Goberno que estean agochados diante desta situación, e que non dean resposta nin sinal diante das ameazas feitas públicas por Jesús Lence.
É por isto que vanse atopar coa voz do sector este próximo mércores 27, ás 12,00h, diante da Consellaría do Medio Rural.
Dende o SLG queremos deixar ben claro que non se pode ameazar a unha parte importante de xente deste País que quere vivir do seu traballo, e que o goberno da Xunta de Galiza estea a eludir a problemática co argumento peregrino de que se trata dun problema individual de dúas explotacións.
Que o conselleiro asuma este tipo de chantaxes non vai “facilitar”, como o propio Samuel Juárez afirmou na reunión que a Consellaría levou a cabo coas organizacións agrarias, buscarlle solucións á grave crise que estamos padecendo.
Nota de Prensa Leite Rio
——————————————————-
LEITE RIO S.L
VEGA DE ANZUELOS – LÁNCARA
27367 – LUGO
Día 25 de Mayo 2.009
Como consecuencia de las informaciones vertidas en los distintos medios de comunicación donde acusan a la empresa Leite Rio de no recoger la leche en dos explotaciones de la mariña lucense dicha empresa manifiesta que este conflicto fue creado por los propios ganaderos, cuando un inspector de la empresa en un muestreo rutinario el día 22 de Mayo de 2.009 en las explotaciones de Ganadería Cid y Veigueiro Soc. Coop. Galega fue insultado , agredido y amenazado sin mediar palabra , le manifestaron que no querían ver a nadie de la empresa Leite Rio en sus explotaciones. Por lo cual Leite Rio les comunicó mediante un burofax que debido a los incidentes ocurridos y para que no se repitieran dichos incidentes y aceptando su petición de no volver a sus explotaciones no se les procedería a la recogida de la leche en dichas explotaciones.
Por otra parte la empresa Leite Rio pide disculpas a los ganaderos que se vieron afectados por los retrasos ocasionados en la recogida de la leche debido a los incidentes producidos en el día de ayer y que si continúan a lo largo del día de hoy ,promovidos por un sindicato minoritario SLG ( Sindicato Labrego Galego ) , nos veremos obligados a suspender toda la recogida de la leche hasta que dicho sindicato nos garantice publicamente la recuperación de la normalidad de la recogida de la leche y su transporte a la empresa.