Segue aberta a inscrición para o primeiro Campus de Fútbol Base “Máis que fútbol”. A data límite para anotarse é o xoves 27 de xuño, e polo de agoras, quedan arredor de 20 prazas libres. O seu prezo é de 130 euros. O Campus terá lugar nas dúas primeiras semanas de xullo, de luns a venres en horario matutino e dirixido a nenos e nenas de entre os 7 a 14 anos. Álex Bergantiños, Álex López ou Carlos Pita xa confirmaron a súa asistencia do mesmo xeito que os adestradores Luís Santiago, Alberto Casal ou José Luís Lemos. A organización pon a disposición dos interesados os teléfonos 630 126 304 ou 656 558 706, así coma os correos electrónicos pablofersegurado@gmail.com ou javi_acs@hotmail.com.
Prazas libres para o I Máis que fútbol
Prazas libres para o I Máis que fútbol
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro