Madrid, 17 de xuño de 2013. No acto de presentación do libro ‘Las ventanas del mundo’, de María del Carmen Aranda, que tivo lugar na Fundación Progreso y Cultura, a autora explicou os motivos da súa obra co obxectivo de extraer conclusións que sirvan para , polo menos, reflexionar sobre as mesmas. Na súa obra, María del Carmen Aranda observa un mundo con necesidades de cambios inmediatos e disecciona un presente sen ilusións fronte a un futuro sen opcións emerxendo como resultado novas civilizacións. A autora móstranos un mundo decadente repleto de manipulación e abusos de poder. Fálanos da pobreza, o hastío, o maltrato á natureza, a manipulación social, o inmovilismo político, leva a unha nova búsqueda de solucións.
Marisol Moreda, presidenta da Fundación Herederos de la Mar, nas palabras que dedicou á autora sinalou: “Fálanos da evolución da ciencia incluso á sombra do coñecemento dos seres humanos de a pe e todo elo cunha narrativa e lingüística maravillosa. Fálasnos do amor incondicional, que invita ó lector a reflexionar sobre cómo estamos vivindo” e fixo un repaso ás múltiples situacións que están creando tanta tensión na sociedade española e sinalou que “na nosa democracia existen abusos que se aloxan do concepto democracia e afirmou que o saqueo impune das caixas de aforro ou o enriquecemento ilícito de algúns e a concesión teledirixida de subvencións agudizan o déficit público, e que non se pode lexislar e gobernar en contra da vontade popular senón con respeto á Constitución e ó cidadán”. Marisol Moreda indicou que “hai outras moitas leis, normas e costumes do sistema español que non concordan coas demandas da sociedade actual e que non poden ser comparadas coas de fai corenta anos. O financiamento público a tantos organismos da administración, é algo que o cidadán odia e cuxa supresión reclama a berros e a o que pouco caso se lle fai”.
Para Marisol Moreda “a estafa ós ciudadanos coas participacións preferentes, a presión cos desahucios, as enormes cifras de paro e os recortes en sanidade, discapacidade e educación, entre outros, desembocan nun pobo frustrado e desconfiado e con mou pouca fe nos políticos. Por todo iso, é normal pensar nunha refundación do sistema”.
A presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda, aboga porque “o diñeiro que se defrauda e unha vez recuperado coas súas sancións respectivas, se destine á educación, á sanidade e á discapacidade. Sinceramente nos iría moito mellor a todos”. Tras as diferentes exposicións en liña similar, produciuse un animado debate entre todos os asistentes que abarrotaban o local.
Na presentación do libro ‘Las ventanas del mundo’, participaron a presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda; o editor da revista Otro Mundo es Posible, Celestino Olalla; o director da Fundación Progreso y Cultura, Jesús Barcenilla e a autora de ‘Las ventanas del mundo’, María del Carmen Aranda.