NOTA DE PRENSA
BARREIRO FIXO UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN MASIVA NOS COMICIOS DO 7 DE XUÑO
* Os populares congregáronse na praza maior de Lugo para realizar a tradicional pegada de carteis no arraque oficial da campaña electoral das europeas
* O Presidente dos populares lucenses dixo que “votar ó PSOE é votar a Zapatero, a unha nefasta xestión que nos levou a acumular máis de catro millóns de parados; votar polo PP é apostar polo progreso e polo traballo”
Lugo, a 21 de maio de 2009.- O Partido Popular de Lugo abriu onte a campaña electoral dos comicios europeos coa tradicional pegada de carteis que se desenvolveu no templete da música da praza Maior e na que participaron, entre outros, o Presidente provincial José Manuel Barreiro; o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, o deputado nacional Joaquín García, e os deputados autonómicos Jaime Castiñeira e Isabel García.
José Manuel Barreiro fixo durante a súa intervención un chamamento á “participación masiva” nestas eleccións porque, segundo salientou, son tamén moi importantes, xa que en Europa tómanse decisións que repercuten directamente ou condicionan o desenvolvemento de normas ou iniciativas a aplicar no noso país. “En Lugo sabemos ben as consecuencias que entraña que non se negocie ben en Bruselas. Non podemos permitirnos, dadas as circunstancias nas que nos atopamos, desaproveitar ningunha ocasión para facer oir a nosa voz naqueles foros nos que se deciden cuestións transcendentais para o noso futuro. Non podemos pasar. Temos que comprometernos e loitar na defensa dos nosos intereses”, asegurou.
Barreiro dixo que o Partido Popular sempre fixo gala dunha vocación europeísta, dun compromiso inequívoco co desenvolvemento de todo o que conleva e implica a idea dunha Europa unida e, segundo salientou, “aí están, para que os compare quen queira, os resultados obtidos polo PP e os que acadaron os socialistas: o recoñecemento e o prestixio fronte a desconfianza e a falta de peso no contexto internacional”.
“Votar ó PSOE o 7 de xuño é votar a Zapatero e á súa nefasta xestión que nos levou a ter catro millóns de parados e a maior crise económica que se lembra neste país. Votar ó Partido Popular é apostar pola progreso, por impulsar un cambio que nos axude a sair do pozo no que nos atopamos e por crear emprego, que é o que agora máis necesitamos”, resumiu.
Na opinión de José Manuel Barreiro o que precisa España neste intre é un un liderazgo forte, un proxecto político solvente e alguén que defenda os intereses do noso país por riba de todo. “E todo eso, sen dúbidas, podeo aportar o Partido Popular”, sentenciou.
O Presidente dos populares lucenses tamén animou ós militantes e simpatizantes alí congregados a traballar nestas eleccións como se dunhas autonómicas ou dunhas municipais se tratara. “É unha nova reválida que estou convencido de que, co voso apoio, ímola superar con nota”.