Ribadeo aberto, paseo entre desexos é o slogan gañador do concurso realizado por ACISA para elixir o lema da próxima edición do Ribadeo aberto, que terá lugar o próximo 5 de xullo. A xunta directiva foi a encargada de elixilo entre a vintena de slogans propostos a través do perfil de Facebook Ribadeo móvese. O gañador é Marc Monforte Fernós que concorreu ó concurso con pseudónimo de Ni + ni -. El levarase 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACISA. E o segundo premio de 100 euros en vales de compra é para José Carlos Díaz Blanco, que presentou o seu slogan que foi o que reuniu máis “Me gusta” en Facebook. O seu lema: Vén a Ribadeo e déixate levar polo seu encanto”.
‘Ribadeo aberto, paseo entre desexos’ é o slogan do concurso de ACISA
‘Ribadeo aberto, paseo entre desexos’ é o slogan do concurso de ACISA
Relacionado
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este mércores