Vegadeo, 10 de xuño de 2013. A alcaldesa, Begoña Calleja, tildou de éxito total a 50 edición da Feria de Mostras, que onte pechou as súas portas en Vegadeo. A localidad do Occidente multiplicou por dez a súa poboación estes días, e aínda que o tempo non acompañou nas primeiras xornadas, os expositores marcháronse contentos e dispostos a volver o vindeiro ano.
A rexedora asegurou que “pechamos a Feira de Mostras deste 2013 cun exitazo total. Todos os días anteriores, tanto dende a inauguración, que estabamos sorprendidos da cantidade de xente a pesar do tempo, porque non nos deu tregua dende o xoves ata o sábado, pero xa dende o sábado á noite cando a orquestra última causou furor empezou a xente a animarse e onte, domingo, estivemos totalmente desbordados por todas as entradas”.
Calleja dixo que “o tempo nos respetou onte, domingo, e a xente entendeu que nos esforzáramos para este 50 aniversario e tivemos o maior dos éxitos para nosotros, que é que houbera afluencia de público”.
A alcaldesa calcula que “Vegadeo multiplicou por 10 ou máis a súa poboación normal estes días. Quizás pasaron unhas 70.000 personas por Vegadeo, porque realmente foi non só o recinto feiral senón que ó ampliar este ano con algunha rúa máis, ó facer máis actividades sen dúbida se notou a afluencia de público e viuse porque non había onde colocar un coche, estaba todo cheo e para nós é un orgullo que nos viñera ver”.
Sobre os 150 expositores que participaron na Silvallana, Begoña Calleja indicou que “quedaron contentos, cada añno prométenche que van volver ó seguinte e sempre o cumpren. A pesar do tempo a xente estaba moi concienciada de vir á feira. Sí é certo que o tempo xa non acompaña dende fai moitos meses, co cal chega un momento no que creo que xa todos saimos á rúa co paraugas. Entón quedaron moi sorprendidos porque a pesar de todo e de dous días que se prevían un poco máis frouxos, xa dende o xoves foi moi grande a afluencia de público, venderon ben, mostraron os seus produtos e desde logo tiveron o éxito nas actividades. E iso, sen dúbida, a nos nos anima para a seguinte edición”.
Entre as actividades que despertaron máis a atención na Feira de Mostras de Vegadeo, “o espectáculo dos caballos de Xerez aprazouse pool mal tempo para onte, domingo, despois da feira do gando e eu creo que foi un auténtico éxito, do mellor da feira. É algo que non estamos acostumbrados a ver, porque se ben por outras partes de España é moi típico, aquí estamos noutro tipo de contexto cos caballos, polo que foi algo novidoso, chamou moito a atención e daba gusto ver aquilo cheo de xente e de aplausos, porque nos cautivou a todos. O túnel do viño tamén gustou moito”, relatou a alcaldesa, Begoña Calleja.