NOTA DE PRENSA
O Bloque Nacionalista Galego vai manter un encontro cos responsábeis de Porto de Celeiro mañá Xoves ás 12:00 h a fin de analizar a situación do sector pesqueiro e as consecuencias que para o mesmo están a xerar as políticas europeas.
Na xuntanza participará Cosme Pombo, candidato do BNG ao Parlamento Europeo, que explicará as propostas do BNG en relación coa situación do sector na Mariña.