Vegadeo, 5 de xuño de 2013. En Vegadeo todo está preparado para a 50 edición da Feira de Mostras que se inicia mañá, 6 de xuño. A inauguración terá lugar ás 19 horas na praza do Concello. Durante os catro días de duración do evento haberá actividades infantís e xuvenís, talleres artesáns, concursos de gando vacún da raza asturiana de los valles, espectáculo de doma e dominio de caballos e unha exposición de carteis sobre os cincuenta anos da feira, entre outras propostas. A alcaldesa, Begoña Calleja, asegura que “hai moito empeño e moita responsabilidade á hora de organizar unha edición da feira tan especial como ésta”.
A rexedora explicaba esta mañá que “en Vegadeo xa está todo preparado, estamos xa en modo feira e a vila empeza a bulir. Queremos invitalos a todos a que nos visiten. Se todos os años llo dicimos neste 2013 facémolo de forma especial. Son 50 edicións e seguro que será unha desas feiras a recordar. Son moitos os participantes, son moitos os que seguramente se plantexaran vir a Vegadeo durante estes días. Invitalos e dicirlles que estaremos preparados, que seremos anfitrións e que nos deixamos a pel para conmemorar este 50 aniversario no que faremos un repaso por todos estes anos. Seguramente van a disfrutar e facer da fin de semana a súa festa en Vegadeo”.
A inauguración realizarse mañá, 6 de xuño, ás sete da tarde na praza do Concello. Entre as actividades da 50 edición da Feira de Mostras de Vegadeo Begoña Calleja alude a algunhas delas: “teremos ese túnel do viño no que se poden degustar máis de 50 viños galegos, teremos tamén un espectáculo cos caballos de Xerez, patrocinados por Caja Rural, teremos o noso concurso de gando que tamén será excepcional, haberá actividades da Guardia Civil que incluirán ata un helicóptero de manobras, carpas e talleres para os máis pequenos. Son, sen dúbida unhas xornadas que non se poden perder”.
Sobre o traballo que implica organizar un evento destas características a alcaldesa recordaba que “Vegadeo sobreviviu a 50 edicións de feira. É unha responsabilidade moi grande estar á fronte e intentar que todo funcione. Foi fácil dende o punto en que foron moitas as solicitudes, foron moitas as persoas que colaboraron e foron moitos os que queren estar con nos acompañándonos, algo polo que estamos moi agradecidos e moi sorprendidos. É moi duro porque é necesario estar á altura, queremos que todo esté cuberto, que teñan todo apunto, que cando cheguen poidan aparcar ben, que teñan todo á man e que todo esté a gusto de todos e que poidan disfrutar dende os máis pequenos ós maiores. Ó final non sei se é moito traballo ou pouco, pero si hai moito empeño e moita responsabilidade para que todo esté listo”.
Máis de 150 expositores acuden á Feira de Mostras de Vegadeo, que neste 2013 conta cun presupuesto de 140.000 euros.