BURELA (FNC) .- Desde a Delegación de Deportes de Burela “queremos dar os parabéns ás xogadoras do Burela F.S. feminino polo seu ascenso á división de honra esta fin de semana”, di Neves Cando, concelleira nacionalista. A edil felicita igualmente “a todo o corpo técnico e a todo o clube en xeral porque este ascenso non é máis que un merecidísimo premio a unha tempada de moi duro e bó traballo que se viu gratamente recompensado con este ascenso á división de honra”.
Neves Cando deulles as grazas “a todas as xogadoras por facernos gozar durante todo o ano co fútbol sala feminino, algo que queremos e imos seguir facendo a tempada que ven na división de honra. Burela con este equipo de fútbol sala feminino estará na elite do deporte feminino o ano que ven e esta tamén é unha recompensa para nós e para todo o pobo de Burela que apoiou e se apoiará sábado a sábado coas mulleres do fútbol sala feminino”.