O vindeiro domingo 2 de xuño celebrarase na igrexa de Santa María a Eucaristía do Corpus Christi ás doce do mediodía. Ó seu remate, sairá a procesión sobre as belísimas alfombras florais confeccionadas durante semanas por membros e colaboradores da Irmandade de Mulleres da Santa Cruz nos talleres de corte da tulla, recolección e cribado de café, tinta de sal e area, flores cos que formarán máis dun quilómetro de lonxitude de alfombra que comezarán a debuxarse sobre as empedradas rúas viveirenses a partir das dez da noite do sábado 1 de xuño A cruz parroquial abrirá a procesión seguida dos estandartes e directivas das Cofradías e Irmandades da Semana Santa de Viveiro, o Sagrado Corpo de Cristo baixo o palio, os nenos da Primeira Comuñón, as corporacións eclesiástica e municipal ata pechar coa Banda de Música municipal de Viveiro.
Alfombras do Corpus en Viveiro
Alfombras do Corpus en Viveiro
Relacionado
-
Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, celebrará asemblea xeral ordinaria de soci@s o día 26 deste mes, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo
-
A Garda Civil detivo a dous veciños de Lugo como supostos autores dun delito de roubo de cobre en Trabada
-
Cariño continúa ampliando a súa oferta de actividades dentro da programación especial de Semana Santa, organizando unha xornada de iniciación á calistenia