Celebrarase entre o 24 e o 26, incluíndo unhas xornadas técnicas dirixidas a profesionais da construcción.
A feira Hogar Lugo, dedicada á vivenda, reforma, moble e decoración, volverá este ano a celebrarse no Pazo de Feiras e Congresos da cidade, concretamente entre os días 24 e 26 de maio.
A feira Hogar Lugo, que alcanza xa a súa terceira edición, contará cun espazo de exposición de 4.000 metros cadrados, correspondentes a máis de 30 expositores. Como en edicións anteriores, aportará as últimas novidades en moble, descanso, decoración, baño, gres, estufas, chimeneas, cociñas, tarimas, piscinas e maquinaria para xardinería, entre otras.
Outro dos eixos principais da feira será unha gran oferta inmobiliaria con prezos especiais, tanto de vivenda nova coma de segunda man. Conterán ofertas da cidade de Lugo, a súa provincia e da costa coruñesa.
Ademais da exposición de novidades, a feira contará, na xornada matinal do día 24, cunhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación de Promotores de Lugo. Nelas, debaterase sobre a nova Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana. Por outra parte, tamén se impartirá unha charla co título “Os mecanismos de defensa ante a crise empresarial”.
Estas xornadas están dirixidas a todas as persoas relacionadas coa industria da construcción: arquitectos, aparelladores, construtores, instaladores, administradores de fincas, etc…
A feira abrirá de 11.00 a 20:30 horas os tres días en horario continuado.