Nota de Prensa
O GPPP DENUNCIA O DERROCHE DE GÓMEZ BESTEIRO NO ARRANXO DOS LOCAIS DO PAZO PROVINCIAL
• José Manuel Barreiro, voceiro do GPPP, afirma que a Deputación abonou no primeiro trimestre case cen millóns de pesetas por arranxo de locais
• Os populares consideran “impresentable” que en épocas de crise se “dilapiden” deste xeito cartos públicos
Lugo, a 11 de maio de 2009.- O Grupo Provincial do Partido Popular denunciou hoxe o “derroche” que está a darse na Deputación Provincial que preside José Ramón Gómez Besteiro, fundamentalmente en arranxos de locais e en dotación de mobiliario.
José Manuel Barreiro, voceiro dos populares na Deputación, acompañado por José María González Barcia, manifestou que só no primeiro trimestre do presente ano abonáronse un total de 428.127’99€ correspondentes a quince actuacións levadas a cabo, todas elas, no Pazo Provincial, e que foron executadas, ademais, moi próximas no tempo.
A estas obras, hai que sumarlle outras tres levadas a cabo nas antiguas dependencias do INLUDES en Santo Domingo por importe de 129.379’24€. Ademais, “como nota curiosa”, fixo mención a que a cambiar as farolas da fachada do Pazo Provincial adicáronse 14.746’72€.
En total, 572.253’95€, ou sexa, algo máis de 95 millóns de pesetas, que Barreiro entende que se podían ter investido noutras actuacións da Deputación máis “productivas” encamiñadas, por exemplo, a xerar emprego “do que andamos tan escasos”. Calificou de “imprensentable a dilapidación” de cartos públicos que está a facer Besteiro, ó que considerou como “único responsable desta desfeita”.
José Manuel Barreiro foi máis aló na análise deste gastos, xa que considerou que as obras de remodelación levadas a cabo en dependencias do Pazo provincial deberían formar un proxecto único, dado que as mencionadas quince actuacións teñen todas como común denominador o concepto de “adecuación de locais”.
Polo tanto, os populares consideran que se está a fraccionar o que debería ser un único proxecto para evitar concursos ou procedementos negociados abertos.
Ademais, o voceiro popular indicou que todas estas remodelacións foron realizadas “únicamente” por dúas empresas, e curiosamente unha delas tamén repuxo as farolas da fachada de San Marcos. Especificou asimismo que as tres actuacións realizadas na antiga sede do INLUDES acometeunas unha única empresa, aínda que distinta ás anteriores.