O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o Concurso Letras Galegas 2013. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos e nenas e rapaces e rapazas do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á lingua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudos académicos.
Bases do concurso
CONCURSO LITERARIO
Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Roberto Vidal Bolaño.
No Concurso Literario poderán participar nenos e nenas a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluídos. Lóxicamente, os nenos e nenas de preescolar de 3, 4 e 5 anos están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS
Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Roberto Vidal Bolaño.
As técnicas a empregar tanto en debuxo como en cómic, quedan á elección do autor, podendo empeñarse mesmo o “collage”.
-Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso dedicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamente o galego.
-Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante.
-En calquer dos dous concursos, cada traballo que se presente non poderá ocupar máis de dous folios por unha soa cara. En ningún caso se poderá realizar o traballo (poesía, redacción, debuxo, cómic, etc.) polas dúas caras dun mesmo folio.
-Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.
-A recepción dos traballos, que haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o venres 3 de maio ás oito e media do serán.
-Os cursos participantes neste Concurso, son: 3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria, 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO. A Organización otorgará tres premios (un primeiro, un segundo e un terceiro) por curso para cada un dos Concursos; polo tanto, para cada curso haberá 6 premios (3 para o Concurso Literario e 3 para o de Artes Plásticas), agás para os de preescolar (nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos), que terán 3 premios por curso, dado que só poden participar no Concurso de Artes Plásticas.
O fallo do xurado será dado a coñecer oportunamente para que os premiados podan acudir á entrega dos premios, os cales consistirán en diploma acreditativo e un lote de libros/material escolar. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do Centro Cívico no día e hora que a organización decida, tendo esta que comunicalo coa suficiente antelación.