BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela percorreu onte 15 kilómetros do concello co presidente da asociación de montes “para coñecer de preto como se atopan os lindes de Burela con Cervo. A zona puiden comprobar que está perfectamente demarcada e puiden coñecer moito da historia de Burela e ver tamén a qué están adicados eses montes”. Alfredo Llano considera que “por esa zona poderíamos facer unha nova ruta de sendeirismo que se denominaría ruta das fronteiras. É moi interesante polo importancia natural e cultural que ten e polas vistas que desde alí se poden ter de Burela. Agora quédanos para outro día ver e coñecer tamén como están os lindes con Foz”.
Llano propón unha ruta de sendeirismo “das fronteiras” polos lindes entre Burela e Cervo