A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca por terceiro ano consecutivo un concurso para a realización do cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho. Cómpre sinalar que hai dúas categorías, infantil (o premio será un lote de libros) e adulto (200 euros). Ademais, o cartel gañador dos adultos será o oficial da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se celebrará o 20 de xullo na Lonxa Vella do Porto de Celeiro. A organización agarda contar nesta edición co título de Festa de Interese Turístico Galego, solicitado á Xunta o pasado mes de outubro de 2012 e pendente de resolución. As bases da convocatoria estarán á disposición dos interesados no Facebook da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín e remitiranse por correo electrónico a todos aqueles que o soliciten en colectivochilindrin@gmail.com
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Concurso cartel da XVI Festa da Merluza do Pincho de Celeiro
Relacionado
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia