FOZ .- O PP de Foz considera que o alcalde, Gracía Rivera, manipula a realidade coas súas declaracións sobre a traída de auga ao lugar da Hermida, xa que “non é certo que tivera que aprobar os orzamentos para realizar esta obra”. Por outra banda, afirman que “son moitas as dubidas que temos no Partido Popular da forma de adxudicar as obras, pois, este era o desencontro que tiñamos no apoio os presupostos e que Rivera non quixo aceptar, unha adxudicación das obras transparente, abertas a todas as empresas e que beneficiase os viciños de Foz, e non os mesmos de sempre”
NOTA DE PRENSA:
E evidente que Rivera, Alcalde de Foz, sigue demostrando o que o Partido Popular no seo día dixo por la s formas de aprobar os orzamentos, que foi OPURTUNISTA, o convocar un pleno extraordinario e urxente no mes de Agosto, cando a situación lle era favorable, rompendo toda a ética democrática; e MANIPULADOR, po las explicacións que daba.
Outra vez mais nos demostra como MANIPULA a realidade Rivera, co tema da traída de auga da Hermida.
Pois non e certo que tivera que aprobar os orzamentos pa realizar esta obra, que o Partido Popular tiña incluída na proposta de inversións.
Como Rivera sabe, podíase facer igual levando esta inversión a Pleno, contaría cos votos do Partido Popular sempre que cumprise cos mínimos de transparencia a súa adxudicación.
As razóns po las que Rivera manipula a realidade sexan quizás outras, pois preguntámonos, ¿como unha empresa relacionada familiarmente con un concelleiro do equipo de goberno, almacena na nave do concello mais de 300 metros de tubeira pa realización de traída de auga?, son moitas as dubidas que temos no Partido Popular da forma de adxudicar as obras, pois, este era o desencontro que tiñamos no apoio os presupostos e que Rivera non quixo aceptar, unha adxudicación das obras transparente, abertas a todas as empresas e que beneficiase os veciños de Foz, e non os mesmos de sempre.
Seguimos vendo un Rivera que quere enganar os veciños, con este tipo de declaracións, querendo crispar a vida política, descalificacando a acción dos grupos da oposición, para tapar outros feitos, como este tipo de favoritismos. No Partido Popular como dixemos estaremos vixilantes en cada euro que se gaste destes orzamentos e onde e quen se beneficia da lixeireza que ten este equipo de Goberno na adxudicación das obras de inversión.
Comite Local do Partido Popular
Anel Cao Pérez