BURELA (FNC) .- O Concello de Burela ampliou a toda esta semana a campaña para inscribirse no programa Ti podes dar vida, aforra auga. A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembra que “estamos xa na terceira edición e decidimos ampliar este prazo para que a xente se inscriba e para que reciba toda a información que precisa e para que saiban cales son os beneficios de realizar un consumo racional da auga”.
O venres 8 de maio para facilitar e informar sobre a campaña “teremos unha mesa informativa que estará situada na rúa Pardo Bazán, á altura da Casa da Cultura. Alí estará a técnico de Medio Ambiente entre as 10:30 e as 13:30 horas para informar aos interesados e tamén se poderán inscribir nesa mesa. Os que se inscriban recibirán nese mesmo momento os perlizadores para colocar nas billas e nas duchas das súas casas e así aforrar auga nos seus fogares”, segue a relatar Lucía Bouza. A edil socialista sinala que “coa colocación destes dispositivos pódese chegar a un aforro do 40 ao 60%, o que realmente é moi importante”.
O premio para a familia gañadora será unha viaxe a un parque natural de España, xentileza de Viaxes Terramar.