A Comunidade de Montes en Mans Común de Cangas de Foz celebra o vindeiro domingo 17 de marzo de 2013 ás cinco da tarde en segunda convocatoria a Asemblea Xeral Ordinaria. Na orde do día figuran, entre outros, os seguintes temas a tratar: actualización de comuneiros, estado das contas do ano 2012 e ornamentos para o 2013, dimisión da xunta directiva e convocatoria de eleccións. Ó seu remate tamén se celebrará a asemblea ordinaria da agrupación deportiva e cultural ‘Os Castros’ de Cangas onde se dará conta das contas do 2012 e o orzamento para o 2013, así coma a dimisión da directiva e convocatoria de eleccións. Finalmente, desenvolverase a asemblea da asociación de veciños de San Pedro de Cangas onde se actualizará o censo de socios e se procederá tamén á avaliación das contas do pasado exercicio e o orzamento para o 2013. Tamén dimitirá a xunta directiva e se convocarán novas eleccións.
Asambleas da Comunidade de Montes de Cangas, a agrupación Os Castros e a asociación de veciños San Pedro
Asambleas da Comunidade de Montes de Cangas, a agrupación Os Castros e a asociación de veciños San Pedro
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo