No primeiro semestre do ano impartiranse sendos cursos de prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos.
Ribadeo, 12 de marzo de 2013. ACISA perfila o calendario de actividades a realizar ó longo dos vindeiros meses.
Desde a directiva planificaron para este 2013 un importante programa de formación dirixido a todos os asociados e que se desenvolverá nas instalacións de ACISA, ubicadas no nº 20 da Avenida de Galicia. No primeiro semestre do ano impartiranse dous cursos: prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos.
A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo organizará varias citas gastronómicas este ano. “Faremos dúas xornadas dentro das denominadas Mar de Ribadeo, de aquí a outubro. Estamos ultimando outro evento para a vindeira Semana Santa do que iremos dando detalles en breve. A campaña do Día do Pai xa está en marcha desde fai uns días e volveremos a encher de flores as rúas de Ribadeo o Día da Nai”. Desde ACISA engaden que “repetiremos a noite aberta que organizamos por primera vez o ano pasado”. Será en xullo e en xuño faremos un desfile de moda na rúa. E haberá tamén algunha ruta de viños ó largo deste ano. Son moitas as actividades nas que estamos traballando neste momento desde a directiva”.
ACISA colaborará tamén cos organizadores da Semana Santa en Ribadeo, coa gala e os torneos de verán da SD Ribadeo e co torneo de veteranos do Ribadeo FC. “Queremos estar ó lado das asociacións e colectivos que programan actividades que supoñen un revulsivo económico para a hostalería e o comercio ribadense, sobre todo nos momentos tan críticos que nos está tocando vivir”, sinalan desde ACISA.
Desde a directiva subliñan que “canto máis unidos estemos, mellor para todos, mellor poderemos defender os intereses dos nosos asociados e asociadas e máis e mellores reivindicacións poderemos facer para o comercio e a hostalería ribadense. En ACISA seguimos traballando polos nosos socios, a quen nos debemos”.