BURELA (FNC) .- O Concello de Burela organiza diversos cursos formativos para os funcionarios municipais. O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “ditos cursos están pensados para mellorar as condicións profesionais dos empregados municipais e para que despois presten un servizo óptimo ós veciños do noso concello”.
Os cursos que se ofertan “teñen carácter xeral nalgún caso como o de prevención de riscos laborais e informática, e outros son máis específicos coma o de medicións acústicas, lexislación municipal, extranxeiría ou xardinería”, segue a relatar o rexedor de Burela. Llano insiste en que “no Concello de Burela dámoslle moita importancia á formación, de feito xa no convenio colectivo se recolle que os traballadores terán dereito a 40 horas anuais de formación. O que imos facer é tentar dar eses cursos aquí no Concello para que sexa posible compatibilizar o seu traballo diario coa formación. Decir tamén que tentaremos que sexan impartidos por persoal propio, aínda que nalgún caso máis específico teremos que recurrir a algunha empresa”.
O alcalde de Burela di que “algún curso xa se está a impartir coma o de xardinería, e outros farémolos neste mes de maio e tamén ó longo das vindeiras semanas”.