Co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora (día 8 de marzo) terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz un acto conmemorativo o sábado día 9 ás 17,15 horas. Consistirá nunha conferencia que dará a psicóloga clínica Susana Fernández e versará sobre “A muller e o traballo ó longo da historia”. Esta conferencia, organizada polo Concello de Alfoz, celebrarase previamente á segunda xornada do I Festival de Cine de Alfoz, que será no mesmo lugar ás 20 horas.
Conferencia en Alfoz
Conferencia en Alfoz
Relacionado
-
A artista multidisciplinar Roalia GT impartirá en Ribadeo dous obradoiros so para mulleres
-
Ata as oito da tarde deste domingo, pódese visitar no Círculo Habanero da Devesa unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez-Pimpelo
-
O Instituto de Estudios Chairegos dá comezo a actividade cultural do ano 2025 organizando, coa colaboración do Concello de Vilalba, o concerto “Cartas alén-compromiso e coraxe”, a cargo do grupo Son de Corda