A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña segue a desenvolver o programa “Mentalízate” no IES Monte Castelo de Burela. E continuando coa campaña de sensibilización iniciada no mes de febreiro no IES Monte Castelo, a psicóloga e a educadora social da entidade acudirán a impartir as charlas informativas ao alumnado de 4º da ESO e PDC do IES Perdouro. O fin do programa “Mentalízate” é sensibilizar aos alumn@s da importancia de eliminar prexuízos e a estigmatización das persoas con enfermidade mental e traballar pola prevención de condutas de risco que afecten a unha boa saúde mental, ademais de fomentar hábitos de vida saudables.
Programa “Mentalízate”
Programa “Mentalízate”
Relacionado
-
Co gallo do Día do Libro, o Concello de Cervo anima a participar nun certame de creatividade dirixido ás crianzas e tamén ás persoas adultas
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao