A “aula coral” do IES de Foz obtivo un grande éxito en Llanes. Unha experiencia que tildan de moi positiva e produtiva para o alumnado. O concerto do pasado domingo, dado no Casino de Llane, gustou ao público. A idea de levar cancións con xestos (canción “Siyahamba” ) como a que se interpretou conxuntamente co coro “Voces Blancas del Nalón” levantou das súas cadeiras ao público presente. A acústica do local e o espazo tamén contribuíron ao éxito. O centro foi eloxiado polo alcalde e concelleiro de Educación de Llanes. Oscar Allén, director do coro asturiano, quedou moi contento coa técnica e afinación que demostran. O coro do IES de Foz está dirixido por Fernando Allén, profesor de música, e Juan Santaeufemia ao piano.
