NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o pleno do xoves demostrou a vagancia e a mentira do alcalde e de Nieves Cando.
González Barcia considera que o bigoberno burelés está
O GMPP de Burela afirmou hoxe que no pleno de onte quedou demostradoa a vagancia do alcalde e de Nieves Cando, e que por riba minten.
ADHESIÓN Ó GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA.
O voceiro dos populares, José María González Barcia,indicou que o concello xa pediu hai unhas semanas a súa adhesión ó Grupo de Acción Costeira, GAC, porque de feito xa asistiron a reunións, co que este asunto foi a pleno coa única finalidade de encher unha sesión que quedaría vacía de contido de non ser polas mocións do PP. Barcia engadiu que o alcalde non lle entregou ó PP toda a información, porque non facilitou a relación de persoas e institucións que asistiron á sesión constituinte de finais de setembro de 2008 pola sinxela razón de que o concello de Burela como tal non asistiu. Barcia considera que o alcalde enganou e mentiu ó pleno, porque nesa sesión o concello de Burela non estivo representado, a pesares de ser un dos concellos con máis intereses na constitución do GAC, e a pesares de estar practicamente os concellos restantes da Mariña.Ademais, o alcalde ocultou que o concello de Burela xa solicitou a súa adhesión hai unhas semanas, porque este asunto foi tratado nunha xunta directiva do GAC de mediados de Abril.Polo tanto, segundo Barcia, o alcalde minteu, pero minteu sabendo que mentía, o que é infinitamente peor, e demostra a categoría do personaxe.
MOCIÓNS.
González Barcia afirma unha vez máis que quen chega tarde é o alcalde, Nieves Cando e o resto do bigoberno burelés. Se non, non se entende que o alcalde dixera que o PP chegaba tarde coas súas tres mocións, pero votaron a favor de dúas delas. Para Barcia, menos mal que o PP presentou as mocións, porque de non ser así seguro que ests temas seguirían durmindo nun caixón da mesa do alcalde.
MOCIÓN SOBRE A MANCOMUNIDADE.
Esta foi unha das mocións aprobadas por unanimidade. O concelleiro popular Manuel Fernández Valle defendeu a presencia de Burela na Mancomunidade, e dixo que era lamentable que fose o único concello que non asistiu hai uns días á constitución renovada da Mancomunidade. Fernández Valle será o titular en representación do PP, e Gonzaléz Barcia o suplente.
Pero segundo os populares, Nieves Cando mentiu cando dixo que o PP non se preocupara da Mancomunidade desde as eleccións. Fernández Valle lembroulle que o propio portavoz popular falara co alcalde, pouco despois das eleccións, e mesmo presentaran unha petición de certificación sobre nomeamento de representantes do concello de Burela na Manocumunidade que foi contestada negativamente.
Para González Barcia, Nieves Cando mentiu, e fíxoo tal e como nela é habitual, tentando liar as cousas, e culpando sempre ós demais de todo o que pasa e descartando a súa propia responsabilidade.
MOCIÓN SOBRE O MUSEO E ARQUIVO HISTÓRICOS.
Ainda que se aprobou por unanimidade, o mesmo tentou facer Nieves Cando neste asunto, pero saliulle mal. O PP pedía que se reunise a comisión encargada de elaborar os estatutos e o regulamento do Museo e do Arquivo históricos municipais de Burela, despois de dous anos de adoptar o acordo a raíz dunha proposta de Barcia na súa etapa de alcalde de creación destas dúas institucións. O PP lembrou que xa en setembro de 2007 formularan unha pregunta ó respecto que fora respostada aducindo que as persoas da comisión tiñan moito traballo.
Segundo González Barcia, o alcalde dixo que precisamente para o mes de Maio estaba prevista a reunión desa comisión, e Nieves Cando tivo que recoñecer que a comisión ainda non se reunira, e que tampouco se falara coas tres personas conxuntamente. Pero o colmo foi cando Nieves Cando acusou ó PP de incumplir as súas promesas, aducindo que non se executara o Centro de Día para Discapacitados. Barcia lembroulle que a documentación do proxecto e da memoria econólmica está no concello, e que mesmo se chegou a negociar un trozo de finca anexa ó IES Monte Castelo, propiedade da Xunta de Galicia, para levar a cabo a edificación. Pero nin o alcalde nin Nieves Cando continuaron os traballos, co que estes quedaron definitivamente parados.
MOCIÓN SOBRE AS PROTECCIÓNS PARA MOTORISTAS.
Luis Pedre defendeu que xa era tempo, logo de que en Setembro de 2008 denunciara o PP o estado dunha parte da bionda da estrada Burela-San Cibrao, de solicitar formalmente da Deputación a súa renovación nesa estrada e na de Burela-Rúa, e que o concello substitúa as que son da súa competencia, por exemplo na saída hacia Cervo.
O alcalde negouse a facer tal solicitude formal, aducindo que xa estaba a cousa en marcha, pero sen mostrar ningún documento oficial que demostre que esa solicitude xa estaba cursada, co que o PP tén que interpretar que o alcalde non tén intención de molestar á Deputación. O que sí demostra é a súa incapacidade de que lle faigan caso, porque logo de sete ou oito meses, semellante obra xa debería estar feita; é decir, o seu peso dentro dos socialistas é igual a cero.
ROGOS E PREGUNTAS.
O PP presentou unha serie de preguntas que afectan ó conxunto dos cidadáns e tamén á propia vida do concello.
Pablo Pernas pediu que se acondicionase o peche dunha finca en obras no parque do Campón, convertida nunha enorme piscina, e sen proteccións fiables.
Ademais, solicitou que se arranxe o muro do cemiterio municipal e como de costume o alcalde dixo que “precisamente hoxe mesmo comenzaran as obras”. Logo do pleno, Barcia asegurou que pola tarde, alí non había ninguén.
Tamén pregunto Pablo Pernas sobre o cumplimento dun convenio asinado entre o concello de Burela, na etapa de Barcia como alcalde, co Clube Natacion Xove, que tiña como finalidade financiar os desprazamentos dos numerosos rapaces e rapazas de Burela que forman parte dese clube para poder entrenar. Nieves Cando dixo que se rescindira de mutuo acordo, pero non aclarou canto pagou o concello nin outras cuestións, polo que o PP solicitará toda a documentación relativa a tal convenio.
O concelleiro popular preguntou pola emisora municipal e os seus trámieves Cando, nun alarde de transparencia democrática, dixo que o PP tería noticias en bía noticias en breve, afirmación que foi criticada no mesmo moenón que foi criticada no momento por González Barcia, que non dubidou en acusar á nacionalista de antidemocrática e de restar información ó Pleno precisamente a petición dun dos grupos que o forman, e precisamente no turno de fiscalizacion do equipo de goberno por parte da oposición.
Igualmente, Pablo Pernas preguntou polas bandeiras azuis solicitadas polo concello e reclamou unha especial atención para O Cantiño, xa que polas súas características pode ter bandeira azul, sempre en cando a calidade da auga sexa boa.
Como balance, González Barcia indicou que, ademais da vagancia e da mentira nas que están instalados tanto o alcalde coma Nieves Cando, estamos asistindo ó uso de frases manidas e tópicas como “estamos en ello”, “tomamos nota”, “sí, sí, sen problema ningún”. Igualmente, o especial e lentisimo ritmo biolóxico do alcalde terá que levar a que en Burela se deixe de medir os tempo en minutos ou en días; teremos que inventar unha nova unidade de medida do tempo adaptada ós biorritmos do alcalde, incapaces de soportar a presión que el mesmo xenera co seu ritmo de traballo.
Unha vez máis, segundo o portavoz dos populares, demostrouse que levaron dous temas ó pleno para xustificar a súa celebración, e tamén se demostrou que é o PP quen lle dá contido real ós plenos dun concello que está sen proxecto porque o alcalde e Nieves Cando o único proxecto que teñen é o de cobrar cada un deles corenta e cinco mil euros a fin de ano, e de non dar palo al agua.