Nota de Prensa
Asunto: Nova data sobre o Estudo Informativo do Corredor
O vial tiña que estar rematado en 2007.
Fomento,rectifica, e anuncia agora que o Estudo Informativo do Corredor Barreiros-San Cibrao farase no primeiro semestre do ano.
O Goberno do Estado nunca contestación a unha pregunta escrita formulada polo BNG sobre o estado de tramitación do Corredor Barreiros-San Cibrao ven de facer pública con data 13 de Abril unha resposta no que afirma que o Estudo Informativo do mesmo farase no primeiro semestre do ano.
A constestación do Goberno do Estado significa un novo retraso nunca actuación que tiña que estar rematada tal como se acordou no cronograma asinado pola COTOP e Fomento e na Comisión de Infraestruturas do Congreso en 2007. A maior abondamento hai que ter en conta que o Ministerio de Fomento comprometerase por escrito na Camara a ter sometido no último semestre de 2008 a exposición pública o Estudo Informativo do Corredor.
Mesmamente o incumplimento destes prazos impide que se poida levar adiante a actuación recollida nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009 onde se plantexaba unha actuación sob a denominación de Proxecto Constructivo Corredor Barreiros – San Cibrao: 500.000 Euros, resultado dunha emenda do BNG que tiña como obxectivo que no referido exercicio se proceda a licitar o proxecto constructivo do corredor no tramo de competencia estatal e xa que logo axilizar a execución desta actuación.
O Bloque Nacionalista Galego considera como unha auténtica tomadura de pelo a actitude ministerial en relación con este tramo do Corredor Barreiros-Ferrol. Non estamos diante de problemas técnicos como se nos pretende facer ver na resposta do Goberno, os problemas son sinxelamente de vontade política. A actitude do Goberno en relación con este vial evidencia o carácter periférico que na planificación viaria se lle da ao norte galego.
Na mesma liña os nacionalistas queremos denunciar a falta de palabra do Goberno Socialista.Chove sobre mollado, e a cada actuación, a súa credibilidade afúndese aínda máis.O que acontece co Porto de Alcoa, ou co Corredor evidencian que nin este Goberno é de fiar nin que Galiza conta para o mesmo.