Nota de Prensa
O Goberno central afirma agora que non existe demanda na zona para un porto comercial
Fomento incumpre o acordo parlamentario de negociar con Alcoa a apertura do dique norte
O 25 de Setembro de 2008 a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a instancias do BNG solicitar do Goberno do Estado que iniciase negociacións coa multinacional ALCOA nun prazo de tres meses a fin de que se procedese a liberalizar o dique norte do porto de Moras.
A este respecto os Congresistas estaban facerse eco dunha vella reivindicación do conxunto das forzas políticas e dos axentes sociais do norte galego que viñan demandando esta infraestructura desde facía máis de quince anos e que mesmo conseguiu o apoio unánime da cámara galega en abril de 2008. Non debemos esquecer que a posta en funcionamento do dique norte, significa habilitar un peirao de atraque de 500 metros ao longo do dique norte que permitiría a entrada de mercantes de 62.000 toneladas cun investimento do arredor de 9 millóns de euros.Neste sentido hai que ter en conta que no Porto de San Cibrao nos últimos 10 anos a Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao arredecadou 18,8 millóns de euros, case 2 millóns de euros anuais, o que permitiría que a actuación se financiase con fundos propios.
A tal fin o Bloque Nacionalista Galego presentou en Xaneiro de 2009 unha iniciativa de control na Cámara Baixa a fin de coñecer as xestións desenvoltas polo Goberno do Estado para facer realidade o acordo do Congreso. Neste sentido o Goberno do Estado contestou a esta pregunta con data 31 de Marzo afirmando que por parte do Goberno non se procedeu a manter ningún contacto coa dirección de Alcoa. Poren na resposta do Goberno afirmase que o Ministerio de Fomento procedeu a analizar estudios de oferta e de demanda concluíndo que “no existe demanda no cubierta en la zona y que la oferta existente puede atender en condiciones adecuadas el tráfico en el año horizonte del PEIT. En su caso, la transformación supondría una redistribución de tráficos entre puertos, generando problemas de sobrecapacidad en aquellos en los que se pueda producir desviaciones de tráfico.”
O Bloque Nacionalista Galego considera que este incumprimento dos acordos parlamentares por parte do goberno do Estado significa un auténtico desprezo para os veciños da Mariña e unha burla por parte do partido que sustenta o Goberno aos seus electores posto que esta reivindicación recollíase no seu programa electoral e foi referendada polo PSOE en institucións locais, provinciais e autonómicas. A resposta do Ministerio de Fomento evidencia que para o executivo a apertura do dique norte de Alcoa non é unha prioridade, e aínda máis que na axenda do Goberno Zapatero non está dotar a Lugo dun Porto Comercial. Non se trata dun problema técnico nin a resposta ten que haber cunha ordenación dos usos nos Portos de Interese Xeral, estamos diante dun problema de vontade política e de peso da Mariña de Lugo fronte ao Porto de Gijón e tamén d´a Coruña.
Xa por último o BNG quere anunciar que vai solicitar a comparecencia do Ministro de Fomento no Congreso para tratar esta cuestión así como presentar unha proposición non de lei para que o Goberno cumpra co que ten aprobado.