O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, inicia mañá, venres, as xornadas do cocido de Carnaval que de levarán a cabo ata o día 12 deste mes. Os clientes poderán degustar un aperitivo de benvida, despois caldo galego ou sopa e a continuación o cocido con grelos, garbanzos, chosco, chourizo, patacas, cachola, orella, lacón, panceta e carne de tenreira. De prostre haberá filloas recheas e leite frita. As bebidas incluídas son viño mencía da denominación de orixe Ribeira Sacra, augas minerais, café e licores da terra. Todo por 20 euros cada comensal.
Xornadas do cocido de Carnaval en O Cabazo de Ribadeo
Xornadas do cocido de Carnaval en O Cabazo de Ribadeo
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro