BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, presentará de xeito oficial a XIII Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar en Lugo o vindeiro 6 de maio ás 11:30 horas nun acto que se desenvolverá na Deputación Provincial. Llano que tamén é presidente da Fundación Expomar sinala que “alí lembraremos que Expomar se celebrará do 21 al 24 de maio en Burela. Un evento que será a posta de largo da nosa nave de redes que nos vai permitir darlle outra categoría a esta importante feira de tal maneira que todo o mundo salga beneficiado ao contar cun lugar moi axeitado para a celebración deste tipo de citas”.
O rexedor burelés sinala que “a superficie total é de 3.500 metros cadrados que permitirán estar a gusto e con comodidade a todos os expositores sen ter que depender de carpas, tal e como viñamos facendo ata o de agora”. Llano engade que “temos garantida a presencia de 100 expositores que representarán a unhas 380 marcas comerciais. Aínda que estamos diante dun ano crítico que non empuxa a ser moi optimistas nalgúns aspectos, en Expomar 2009 sí que imos ter o 100% de ocupación o que nos garante o éxito desta convocatoria”.
Alfredo Llano manifesta que “de xeito paralelo a Expomar vanse celebrar as Xornadas Técnicas de Pescas os días 21 e 22 de maio nas que se abordarán aspectos como a cadea de comercialización no sector pesqueiro e o relevo xeneracional en dito sector. E o día 22 teremos tamén o X Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores, do que sempre se extraen conclusións importantes”.