NOTA DE PRENSA
O PP DE BURELA DENUNCIA A IMPROVISACIÓN DO BIGOBERNO BURELÉS.
OS POPULARES CONSIDERAN QUE NON HAI SUFICIENTE DEDICACIÓN POR PARTE DO ALCALDE E DO EDIL DE OBRAS.
O PP de Burela denunciou hoxe que o alcalde e o seu edil de Obras non son precisamente un exemplo de eficacia e de traballo, como o demostra a colocación arbitraria de contenedores ó lado dun buzón, de tal xeito que impide usar o buzón de forma normal. Estas cousas, como o retraso no arreglo dun báculo de alumiado na praza, o retraso do pintado do paso subterráneo Nosa Señora do Carme-Correo Vello, etc., demostran que hai pouco traballo, e eso que o edil de Obras adica máis tempo ó concello que ó seu traballo no Hospital.
Para os populares, tomando café en certos bares non se arranxan os problemas dos cidadáns, que piden que se traballe e se cumpla. Ainda que evidentemente a estes dous señores non se lles pode pedir que cumplan, cando foron incapaces de cumplir cos prazos para rematar a obra complementaria de Torrentes, pagada pola unidade de actuación e non polo concello, en tempo e forma.
PP de Burela.