ROLDÁN, BROCHE A UN EXCELENTE 2012 LARANXA
O Burela FS Pescados Rubén de Javier Pardeiro tamén lle dirá adeus a 2012 na casa, na 13ª xornada de Primeira, arroupado por Vista Alegre. O domingo, ás 12.30 horas, recibirá o novel Roldán FS. “Temos que ir a por todas, para poñer o broche merecido a un excelente ano para o equipo e desquitarnos do anecdótico tropezo da semana pasada” afirmou o adestrador laranxa.
Dende o coliderado, as mariñás recibirán o rival murciano ocupando a décima posición (12 puntos), “un equipo novo, pero con moita calidade e gran rotación, con xogadoras procedentes de conxuntos de avoengo como o Elxe e o UCAM”, advertiu Pardeiro. O Burela FS terá que dosificar os seus efectivos con intelixencia, co hándicap engadido da ausencia de Dany, que tivo que desprazarse ao Brasil por trámites burocráticos: “Debemos contrarrestrar a súa maior amplitude no banco, marcando o ritmo do xogo; nalgúns momentos probablemente teremos que retrasar as liñas defensivas para manter o control e garantir a seguridade laranxa do encontro ao longo dos corenta minutos” explicou Pardeiro.