CONTINÚA A INTENSA PROGRAMACIÓN DE NADAL NO CONCELLO DE XOVE
Dentro do amplo Programa de actividades que o Concello programou para este Nadal, as actividades previstas para os próximos días, son:
-OBRADOIRO DE PINTADO E COLOCACIÓN DO BELÉN.- Desenvólvese este obradoiro na OMIX de Xove, hoxe venres 21 e mañá sábado 22 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 h.
-INAUGURACIÓN DO BELÉN MUNICIPAL.- Trátase dun belén xigante, dos máis grandes de Galicia. Ubicado no Parque do Centro Cívico, vaise inaugurar mañá sábado 22 de decembro ás 21:00 horas. Salientar, dentro dos actos programados para esta inauguración, a participación, un ano máis, de alumnos/as da Escola de Maiores que van escenificar diversos momentos do Belén.
-“O SEÑOR DAS DUNAS”.- Vaise desenvolver o domingo 23 de decembro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. (XA ENVIAMOS APARTE UNHA NOTA DE PRENSA DESTE ESPECTÁCULO).
-“ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN E MAXIA”.- Trátase eminentemente dun espectáculo infantil, o cal vaise desenvolver no Pavillón Municipal de Deportes o martes 25 de decembro (Día de Nadal) a partires das 18:00 horas. Rematado este espectáculo, imos disfrutar, coma en anos anteriores, dunha chocolatada.