ESTE MEDIODÍA PRESENTOU A SÚA RENUNCIA O CONCELLEIRO DE ECONOMÍA, JOSÉ ROJO.
Barreiros, 17 de decembro de 2012. Este mediodía presentou a súa renuncia o concelleiro de Economía en Barreiros, José Rojo.
O edil, que levou dita Concellería nos últimos cinco anos, informou das súas intencións en conversa mantida coa xunta de goberno local o pasado xoves, alegando que a súa renuncia se produce por motivos familiares e laborais.
O alcalde, Alfonso Fuente Parga, e o equipo de goberno agradécenlle “o traballo desenvolvido neste tempo nesta Concellería e tamén a súa intención de seguir a colaborar co Partido Popular”.
No futuro a Concellería de Economía pasará a depender directamente da Alcaldía. No equipo de goberno entrará Concepción Fernández Iglesias, que era a número 8 na lista do PP e que ocupará a vacante que deixa José Rojo.