Logo dunha xuntanza con veciños dunha parroquia ribadense
O PP de Ribadeo insta ao alcalde a que atenda as reivindicacións dos veciños e restaure a fonte de Piñeira
. En numerosas ocasións Suárez Barcia comprometeuse cos veciños de Piñeira nas labores de saneamento e posterior reconstrucción da fonte; un exemplo máis de compromisos incumpridos
. A fonte adquire un valor sentimental posto que se trata da máis antiga desta parroquia ribadense
Ribadeo, 12 de decembro de 2012.- O Partido Popular de Ribadeo denunciou esta mañá outro dos compromisos incumpridos por parte do rexedor ribadense, neste caso, no tocante á fonte de Piñeira.
“Falamos hoxe da fonte da parroquia de Piñeira. En numerosas ocasións Suárez Barcia comprometeuse cos veciños en desenvolver os traballos de saneamento para, a continuación, restaurar a fonte; un compromiso que a día de hoxe está sen levar a cabo”- criticou Jesús López Penabad.
Logo dunha xuntanza cos veciños desta parroquia ribadense, Jesús López Penabad, puido comprobar o seu malestar por atoparse fronte a un alcalde que incumpre coas suas promesas
“Malia ao compromiso por parte do rexedor ribadense, pasan os días e a fonte continúa sen restaurar, algo que está a causar malestar nos veciños por estar ante un alcalde que lles prometeu o que non cumpre”- manifestou López Penabad.
Tendo en conta que a fonte adquire un gran valor sentimental posto que é a máis antigua de Piñeira e que o rexedor se comprometeu cos veciños a levar a cabo as labores de saneamento e posterior restauración, Jesús López Penabad, insta a Suárez Barcia a que cumpra coas súas promesas e non engane máis aos veciños.