O PP de Mondoñedo lémbralle ao Equipo de goberno que só a eles lles corresponde dar conta da súa xestión no presente
.Unha vez que recoñeceu que as acusacións dos populares son certas, o Equipo de Goberno ten que dar explicacións e comprometerse a non cometer máis o erro
. O presente require un traballo e impliación importante e non escudarse no pasado, algo que ainda está por comprobar
. Tendo en conta a situación económica que vive Mondoñedo, a compra de preto de 5.000 euros en rodas non ten explicación posible e só as súas disculpas e un compromiso de rectificación pode dignificar un pouco o seu comportamento
Mondoñedo 8 de decembro de 2012- O PP de Mondoñedo recórdalle ao Goberno municipal que só a eles lles corresponde dar conta da súa xestión no presente e asegura que o momento actual require un traballo e impliación importante e non andarse escudando en gobernos anteriores, unhas manifestacións que ainda están por comprobar e no caso de comprobarse serían erradas e incorrectas.
Unha vez que o equipo de goberno recoñeceu que as acusacións dos populares eran axeitadas e certas, os populares pídenlle ao Equipo de Goberno que de explicacións e se comprometa a non cometer máis erros para que non volvan a repetirse.
O PP manifesta que tendo en conta a situación económica que vive Mondoñedo, a compra de preto de 5.000 euros en rodas non ten explicación posible e só as súas disculpas e un compromiso de rectificación pode dignificar un pouco o seu comportamento.
Conclúen os populares demandando explicacións e un compromiso por parte do Equipo de Goberno para que non volvan a repetirse erros desta magnitude.