ESTE MEDIODÍA TOMOU POSESIÓN A NOVA DIRECTIVA DO REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO, PRESIDIDA POR RAMÓN ACUÑA, QUE ENVIOU AOS SOCIOS UNHA MENSAXE DE “ESPERANZA, TRANQUILIDADE E ACOUGO”.
Ribadeo, 7 de decembro de 2012. A nova xunta directiva do Real Club Náutico de Ribadeo, encabezada por Ramón Acuña, tomou posesión este mediodía nun breve acto no que o anterior presidente, Mario Coto, cedeu a testemuña da entidade aos novos dirixentes.
Nas súas primeiras declaracións xa como presidente do club Ramón Acuña enviou aos socios unha mensaxe de “esperanza, tranquilidade e acougo” e avanzou que “desde logo a partir deste momento o Club Náutico é de todos, todos van ter voz e voto evidentemente, todos van poder falar e todos van poder demostrar as súas inquietudes”.
Acuña tamén explicou que “agora nós ímonos a centrar na tarefa de pór isto en marcha, xa que non sabemos como está, imos planificar unha auditoría en condicións e, desde logo, mirar en que situación atópanse as prazas dos pantaláns e demais servizos que ten o Club Náutico”.