O PSOE DE FOZ DENUNCIA A INDIGNACIÓN DOS VECIÑOS DA PARROQUIA DE SAN ACISCLO POLO COBRO INDEBIDO DA TAXA DE DEPURACIÓN
Dende o Grupo Municipal do PSdG PSOE de Foz queremos denunciar a indignación dos veciños da parroquia focense de San Acisclo en relación ao cobro indebido da Taxa pola prestación do servizo de depuración que lles foi repercutido no último recibo da auga, no que se fai frente ao pago do consumo realizado durante os meses de setembro e outubro, o cal é totalmente improcedente toda vez que a EDAR que da servizo a esta parroquia se puxo en funcionamento a pasada semana, polo que, tal e como se prevé no artigo 3º da Ordenanza municipal reguladora de dito imposto, aínda non se producira o devengo de dita taxa nin, polo tanto, nacera a obriga de contribuir ao abono da mesma, dado que nos pasados meses de setembro e outubro, os veciños de San Acisclo non tiñan en funcionamento o servizo de depuración.
A maior abundamento, o noso Grupo Municipal tamén tivo coñecemento do cobro de dita taxa a numerosos veciños de dita parroquia que nen sequera teñen acceso á rede de saneamento, polo que quixeramos facer extensivo a tódolos focenses que sólo os veciños que sexan usuarios da rede de saneamento e aqueles cuias vivendas estean situadas a menos de 100 metros de distancia da mesma, segundo a lexislación vixente, teñen a obriga de contribuir ao pago da Taxa pola prestación do servizo de depuración.
Asímesmo, animamos a todos os veciños do Concello que pensen que non lles corresponde pagar dita taxa para que acudan ás dependencias municipais a presentar reclamación neste sentido, e a aqueles que teñan dúbidas ao respecto recomendamoslles que acudan a solicitar información.