BURELA (FNC).- Desde o vindeiro luns 13 e ata o 24 de abril, ambos incluidos, estará aberto o prazo para inscribirse e participar na décimo quinta edición do día do xubilado que se celebrará en Burela o 3 de maio. A Delegación de Benestar Social que dirixe Neves Cando lembra que “os requisitos que deben reunir os participantes son estar empadroados en Burela, seren pensionistas por xubilación, invalidez ou viudedade e valérense por sí mesmos. Teñen que anotarse na Casa do Concello e cando o fagan debe ir provistos do carnet de identidade e da tarxeta sanitaria”.
A delegación de Benestar de Burela programou o Día do Xubilado para o 3 de maio
A delegación de Benestar de Burela programou o Día do Xubilado para o 3 de maio
Relacionado
-
Programación do Concello de Xove co gallo do 25N
-
Alfoz presenta o programa “Libres e iguais: cada día máis fortes” para conmemorar o 25N
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña