RIBADEO .- (FNC) O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, asegura que “a rede de saneamento está funcionando correctamente; os reboses lévanse producindo desde tempos atrás, sobre todo con chuvias torrenciais, onde ninguna rede de saneamento é capaz de absorber toda a auga que se precipita; os traballos preventivos de mantemento realízanse de xeito periódico e o tubo que estaba roto na descarga que ía hacia o medio da ría reparóuse”. Cupeiro sae así ao paso das críticas realizadas nos últimos días sobre a saída de augas negras procedentes da rede de saneamento no porto á altura da Atalaia.
O edil nacionalista engade que “unha vez analizadas as posibles solución, chegóuse á conclusión de que a inversión que habería que facer sería enorme para un Concello coma o de Ribadeo, xa que se faría necesario acometer a construcción dun tanque de tormentas para acumular todo aquello que as bombas non son capaces de desprazar, e ese tanque estaría no paseo marítimo, polo que ademáis do coste atoparíamos cun problema de espazo. Levantar a día de hoxe toda unha rede de saneamento para aumentar a sección deste, fáise inviable desde o punto de vista económico”.
Cupeiro segue a relatar que “somos conscientes, que desde o punto de vista medio ambiental non é unha situación sostible, pero debemos ser realistas e saber da situación económica tanto da Xunta como do Concello, xa que neste tema temos que falar de cantidades enormes de diñeiro a investir. Este é un problema en todo o mundo, e polo tanto non podemos ser máis papistas que o Papa, aínda que seguiremos loitando por un desenvolvemento sostible. Teño que dicir tamén que as ciudades medran e os colectores son os mesmos, ata que se acometan outros novos ramais e no caso de Ribadeo e outros pobos as grandes pendentes dificultan calquera solución. O ideal sería a segregación das augas pluviais e grises, e neso se pode pensar, pero non coma unha solución a curto prazo”.
O concelleiro de Medio Ambiente suliña que “o Concello de Ribadeo o que sí debe facer e así será é estar enriba da empresa concesionaria para que o mantemento e as inversión estean á orde do día, e seguiremos presionando ás institucións superiores para que no futuro se impliquen en facer as obras con vistas ao futuro e non só para o presente”.
Horacio Cupeiro manifesta que hai técnicas alternativas de evacuación que se están a utilizar a nivel internacional, pero que serían moi costosas para Ribadeo. Pon como exemplos “a diminución da superficie impermeable, estamos vendo que cada día máis os pobos estamos a botar cemento e unha destas técnicas di que é mellor non meter tanto cemento e deixar superficies que filtren a auga para non ter este problema cos alcantarillados porque os sumidoiros reventan cando a tubería se pon en carga. Outras das técnicas son a construcción de canales porosos e facer parques e espazos públicos porosos e tamén o tratamento de augas de teito a escala de parcela o que implicaría que nas casas que tiveran pradera se puidera filtrar parte desa auga e así evitaríanse os problemas das pluviais que van a través das rúas. Outra maneira sería aumentar o tempo de tránsito que se produce desde a escorrentía ata o tubo que vai á depuradora, precisamente para eso se faría o tanque de tormentas que son de considerables dimensións e entón en Ribadeo non teríamos espazo físico para a súa ubicación. Outra das cousas que é preocupante é a diminución da pendente do terreo e o alargamento do camiño de percorrido da auga”.