RIOTORTO .- O actual Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, inaugurou a III Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto, na compaña do deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e do alcalde de Riotorto, os tamén nacionalistas Antonio Veiga e Federico Gutiérrez Estoa, respectivamente. Logo da inauguración e do pregón a cargo do doutor José González Vián, catedrático da Universidade Pública de Navarra, presenciaron varias demostracións en vivo da realización de pezas en ferro, así coma do mestre coiteleiro Daniel Vally, especialista en traballar con aceiro de Damasco.
Nota de Prensa
CELEBROUSE A III FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO EN RIOTORTO
Esta edición da feira foi inaugurada polo actual Conselleiro de Inovación e Industria, Fernando Blanco, que estivo acompañado do deputado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, e do alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa
Riotorto, 5 de abril. O actual Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, inaugurou hoxe a III Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto, na compaña do deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e do alcalde de Riotorto, os tamén nacionalistas Antonio Veiga e Federico Gutiérrez Estoa, respectivamente. Blanco lembrou a importancia que a artesanía do ferro ten para o concello de Riotorto non só desde o punto de vista etnográfico ou da tradición, senón tamén como un motor económico que sexa capaz de xerar emprego e riqueza como unha fonte de atracción do turismo. Neste sentido apuntou que “as institucións, co seu apoio, deben de contribuír a que a tradición do ferro se erixa como un piar de desenvolvemento económico e social”.
Logo da inauguración e do pregón a cargo do doutor José González Vián, catedrático da Universidade Pública de Navarra, as autoridades puideron presenciar varias demostracións en vivo da realización de pezas en ferro, así coma do mestre coiteleiro Daniel Vally, especialista en traballar con aceiro de Damasco. Nesta visita participou o deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, coa compaña do resto da comitiva, aproveitou para percorrer os preto de 30 postos adicados á exposición de artesanía, que incluían outro tipo de produtos a maiores dos realizados con ferro, como produtos gastronómicos, pratería, cestería ou traballos de coiro.
Esta é a III edición dunha Feira da Artesanía do Ferro que cada ano que pasa medra en interese e poder de convocatoria entre as xentes non só do propio concello, senón tamén das comarcas próximas. Non en van, as persoas que asisten poden gozar durante todo o día de demostracións en vivo e obradoiros do ferro para os máis pequenos. Ademais, para animar a xornada, sucédense ao longo do día os pasarrúas, os xogos populares e outras como xigantes e cabezudos. O punto final a esta edición da Feira da Artesanía do Ferro póñeno os compoñentes do grupo A Quenlla.