Dende o PSOE de Burela creemos que a labor dun equipo de goberno é traballar, buscar nos distintos organismos axudas para investimentos, conseguir subvencións e saber xestionar os cartos, así sorpréndenos que despois de ano e medio o goberno de Burela aínda non saiba por onde anda e imos poñer un exemplo claro ao que nos referimos.
O goberno anterior traballou buscando nas distintos administracións axudas e subvencións para que Burela tivera máis inversións. Así no Parque Rosalía de Castro no ano 2010 acometéronse obras de mellora do alumeado por valor de 45.000€, enmarcándose dentro do Plan E, colocándose unhas luces de grande rendemento lumínico con tecnoloxía LED. No 2009 o organismo provincial do ILUDES instala unha área recreativa- parque infantil un balancín, o carrusel os bancos, as pepeleiras e o resto de elementos do Parque de Rosalía de Castro. Tamén no 2009 nunha zona de 375 m2 ponse novo solo protector adaptado á normativa europea de xogos infantís, e levantase un barco pirata escorado, novidade en todos os concellos de A Mariña. Este barco consta de actividades lúdicas como escalada, habilidade manual, tobogáns pechados, etc. onde a Deputación Provincial inviste 42.000€.Todas estas actuacións supoñen unha transformación espectacular do parque e as tres zonas de xogo estarán perfectamente delimitadas buscando promover os parques do noso pobo, e que sirvan para fomentar o xogo como un factor esencial no desenrolo psicomotor do neno.
Dende o PSOE poñemos estes exemplos do que ten que facer un concelleiro de obras, ademais do continuo traballo de limpeza e mantemento das instalacións. Porque a estas alturas o Sr Fernández Valle aínda non debe saber cales son as súas funcións. Así quedamos atónitos cando despois dun ano e medio de goberno ademais de pasar dietas de locomoción a mansalva, non foron capaces de conseguir ningunha inversión para o concello, e teñen o atrevemento de saír na prensa dicindo que gastaron, despois de cinco longos meses, nunha peza do tobogán 1.392€ (2.316 pts). Non foron capaces de solicitar unha subvención para o seu finanzamento xa que saen directamente das arcas do concello¡ Que verdes estamos e que pouco interés!.
Pois que saiban que isto non é xestionar, iso chámase gastar ao tolo. Outro bon exemplo da responsabilidade e afán de traballo que mostra este concelleiro na época que estamos a vivir de crisis.