Novas Xeracións da provincia de Lugo organiza o seu programa de actividades coas que respaldará ao PP provincial en Lugo na campaña 21-O
Vega sinala que nestas eleccións os cidadáns deberán elixir entre un goberno forte unido fronte á crise e entre partidos que se queren aproveitar desta situación para derrubar ao PP
Lugo, 4 setembro de 2012.- Novas Xeracións da provincia de Lugo apoiará con forza de cara ás eleccións do 21 de outubro a proposta de goberno que liderará Alberto Núñez Feijóo. Ademais de nexo de comunicación entre os xóvenes e a clase política, a agrupación liderada por Daniel Vega na provincial de Lugo respaldará a campaña do PP provincial e para elo está a organizar o seu programa de actividades.
Novas Xeracións da provincia de Lugo organizará foros abertos baixo o lema de “falamos” e que serán auténticos espazos de interlocución nos que poderán participar todos os mozos e mozas da provincia. O presidente da agrupación política en Lugo, Daniel Vega, explica que organizarán un foro por cada comarca da provincia. Desprazaranse ata Foz, Vilalba, Sarria e Lugo; así como ata un concello da zona da Montaña, onde non está elixido polo momento.
Estas reunións permitiranlle aos mozos da agrupación xuvenil coñecer de primeira man as demandas da xente nova da provincia de Lugo e poder trasladarlla ao Partido Popular. Segundo explica Daniel Vega,
este tipo de actos permitirá a interacción cos mozos da provincia e defender así os seus intereses. Neste senso, Daniel Vega recorda as últimas propostas en materia xuvenil do goberno de Zapatero, que acabou levando a España a unha situación de ruína económica e deixou máis de cinco millóns de parados a nivel nacional.
Neste campaña electoral; Novas Xeracións traballará intensamente, máis se cabe que no 2009, ao tempo que lle trasmitirá aos lucenses a vontade dun goberno forte fronte a crise, en contraposición aos gobernos bipartitos que non só son máis caros, senón menos eficaces.