E agora…que? Iso diría un pequerrecho que coñezo, cando pasa algo. Pois
eu tamén pregunto, sobre a estrada da Veiga , en San Xorxe, e agora que?.
Non se sabe a quen pertence a estrada cun gran buraco. Despois duns anos de
estar feita, aínda non se aclaran quen ten que amañala. E logo, quen puxo
os sinais nela? Eu non vou poñer nada a casa doutro.
Parece dun esperpento a situación deste país. Un menú no senado máis
barato que o dun escolar; un Sr deputado do PP que cobra 20 veces o salario
dun parado, que lle están investigando se vive cos pais. Como non vixían
tanto os soldos dos demais, poñamos o caso da presidenta da deputación de
León. Ai, que país !!!